Saturday 04 de May de 2024

A conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Culleredo manteñen unha xuntanza de traballo para explorar vías de colaboración


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, na que exploraron posibles vías de colaboración entre a administración autonómica e a local.

Durante a reunión, o concello presentou un proxecto para unha mellora na rede de abastecemento, para o que solicitou a colaboración do departamento, que estudará esta proposta. Mato tamén se comprometeu a valorar a petición do alcalde de que se lle cedera á entidade local a xestión dos terreos da contorna do río Mero que se atopan dentro dos límites do seu concello.